Os riscos que corre o noso patrimonio cultural cos vandalismos e descoidos dos que é obxecto veñen sendo obxecto de alarma por parte de moitos colectivos e administracións. A Xunta de Galicia ven de lanzar a campaña 'Por outros tantos máis' coa que o Goberno galego busca promover o coidado do patrimonio cultural da Comunidade autónoma. Asà o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román RodrÃguez, nunha visita ao Mosteiro de San Salvador de Camanzo, en Vila de Cruces, coincidindo co inicio desta iniciativa. O responsable autonómico de Cultura explicou que o obxectivo desta acción é "fomentar a sensibilización e concienciación da cidadanÃa, impulsar o coñecemento sobre estes bens e incentivar as boas prácticas e iniciativas de preservación que permitan que un dos maiores tesouros de Galicia sexa legado ás xeracións vindeiras nas mellores condicións", serve tamén segundo RodrÃguez, como chamamento "á responsabilidade colectiva para impulsar a sensibilización e evitar comportamentos incÃvicos que, aÃnda que son illados, poden danar o noso patrimonio cultural".
Para iso, a Administración autonómica elixe oito bens patrimoniais da Comunidade que representan a gran riqueza patrimonial de todo o territorio con exemplos de diferentes tipoloxÃas, estilos, épocas e zonas remarcando o tempo que estes bens levan existindo e animando a mantelos e preservalos por outro tempo semellante. En concreto, a campaña difunde imaxes de bens como a Catedral de Santiago de Compostela, o Santuario de Santo Andrés de Teixido en Cedeira, a Muralla romana de Lugo ou o Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. Aparecen tamén o Castro de Viladonga en Castro Rei, os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, os MuÃños do Folón e do Picón no Rosal ou a Igrexa da Veracruz no Carballiño.