Primitivo Marcos leva aos cadriños O paso do noroeste

Galaxia publica esta adaptación á novena arte da novela de Xavier Queipo

Galaxia publica esta adaptación á novena arte da novela de Xavier Queipo
Capa e contracapa da novela gráfica. Fonte: Facebook de Primitivo Marcos.
Unha novela gráfica de 158 páxinas en tons de gris. Esta é a última proposta do debuxante Primitivo Marcos en O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy, o seu último traballo, que ve a luz da man da editorial Galaxia.

A obra adapta á banda deseñada a novela homónima de Xavier Queipo, na que narra as aventuras dun capitán de mariña francés que no século XVIII participa dunha expedición na procura do lendario paso que permitía chegar ao Océano Pacífico polo norte de América.

Marcos dedicoulle dous anos á realización deste relato de aventuras que levou o premio Premio Manuel García Barros, ex aequo en 1996.

Páxina da obra. Fonte: Facebook de Primitivo Marcos
Páxina da obra. Fonte: Facebook de Primitivo Marcos