O traballo Catro exemplos da 'arte dexenerada' galega fóra da España saludable valeulle á investigadora Blanca Paula RodrÃguez Garabatos facerse do XIV Premio de Ensaio Manuel MurguÃa. O galardón que outorga a Deputación da Coruña, dotado con 6.500 euros, recoñeceu esta obra que "traza confluencias entre catro dos artistas máis destacados da arte galega do século XX: Colmeiro, Granell, Maruja Mallo e Seoane, no contexto histórico dos fascismos europeos".
Segundo recolle o fallo do xurado, o ensaio "desde unha perspectiva interartÃstica, afonda nas artes plásticas cun enfoque ideolóxico e hermenéutico. O texto ten vontade de estilo e a súa lectura flúe nun ton ensaÃstico que traza as vidas cruzadas dos artistas e a súa plasmación na produción, revelando as proximidades e diverxencias das súas biografÃas -marcadas pola Guerra Civil-, mais tamén as circunstancias da época e as ideas en conflito que a modelaron".
O xurado do galardón estivo composto por Manuel Gago, MarÃa López Sández, Rafael QuintÃa, Inma Otero Varela e o gañador da pasada edición, Bieito Alonso. Tamén forman parte o deputado de Cultura, Xurxo Couto, e a xefa da sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat.
Segundo sinala a Deputación da Coruña, a gañadora é investigadora, catedrática de XeografÃa e Historia, escritora e docente de secundaria. Ten impartido clases e conferencias sobre arte, moda, semiótica e literatura na Universidade e en congresos internacionais. Ademais, é doutora en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña cunha tese sobre moda e indumentaria na obra de Emilia Pardo Bazán.