Logo de se ver interrompido pola pandemia, o encontro de autoedición Funfunfun regresa a Compostela. O local da Asociación Itaca acolle a que será a quinta xeira deste evento, que organizan Funfunfun Headcuarters e mais a Asociación Metrópoles Delirantes, e que conta por vez primeira co patrocinio de Puntogal.
Como é habitual, o mercado de fanzines e proxectos autoeditados supón o eixe desta convocatoria. Propostas de Chano Ripio Molina, Luis Yang/Amorcito, a Distribuidora Anarquista Polaris e Pepunto.Reik fan parte desta proposta.
Canda a isto, o programa de actividades inclúe a presentación da plataforma de autoedición Tórculo pérgamo, sesión vermú con Dj e, xa pola tarde un "Debate sobre o estado da Fanzinación" no que se repasará o estado da autoedición postpandémica da man de Paula Esteban, da organización do encontro Autobán, do editor David Calviño (Kalvinger) e da autora e ilustradora Xulia Pisón, con moderación de Xaime Lis.
Unha nova sesión musical e a presentación das publicacións do Autobán e do FunFunFun dará paso á mesa Disidencias no Fanzine, que abordará cuestións de xénero neste ámbito. Neves RodrÃguez moderará este encontro que conta cos colectivos
GuÃsomo eu! e A muller de 6 ollos, asà como coa artista e fanzineira Greta Debelius.
O tradicional combate de debuxantes fechará a xornada por volta das 21 horas. Todas as actividades son gratuÃtas e abertas ao público.