A poeta Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931), na modalidade 'Traxectoria', e a cooperativa viguesa A Morada, na modalidade 'Iniciativa', son as dúas propostas gañadoras do VII Premio "Begoña Caamaño" á acción cultural pola igualdade de xénero que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña. O certame busca cada ano recoñecer e poñer en valor traxectorias de colectivos e persoas comprometidas coa promoción da igualdade de xénero desde o pensamento feminista e desde o campo da cultura, tanto no ámbito territorial da provincia como no conxunto do paÃs. Segundo indica no seu informe, o xurado escolleu premiar a Luz Fandiño "pola súa traxectoria vital e como creadora, e polo seu activismo que mantén intacto os seus 92 anos". Tamén salientan que "é exemplo de coherencia, rebeldÃa e dignidade, pola súa loita polos dereitos das mulleres e por ser inspiradora para as novas xeracións, que a seguen a buscar para escoitar a súa abraiante peripecia persoal".
O xurado desta VII edición do premio estivo presidido pola deputada de Igualdade, MarÃa MuÃño, e composto por LucÃa Canoura Sánchez, do Observatorio da Mariña pola Igualdade, pola escritora e actriz Iria Piñeiro Santos, pola docente e artista plástica Ana Seoane Suárez, e polas xornalistas MarÃa Fernanda Tabarés DomÃnguez e MarÃa Yáñez Anllo. Como secretaria actuou Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. No caso da cooperativa A Morada, o informe do xurado indica que é merecedora do premio por "xerar unha rede de apoio e colaboración comunitaria que considera os coidados un aspecto esencial da vida, polo seu carácter innovador, e por ser unha iniciativa social e cooperativa inspiradora". Tamén valoran "a promoción do empoderamento das mulleres e a súa capacidade para impactar dun xeito cuantificable e transformador sen perder de vista valores como o humor ou a sustentabilidade".
Luz Fandiño naceu no barrio santiagués do Sar e emigra primeiro a Arxentina e despois a ParÃs, regresando en 1979 definitivamente á súa cidade natal. Colaborou e colabora con diferentes publicacións galegas, no programa radiofónico Diario cultural da Radio galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Na súa obra, destacan os tÃtulos "Farangulliña de neve" (1998), e "O pracer de envellecer" (2014). Participou de obras colectivas como "Xuro que nunca volverei pasar fame. PoesÃa escarlata", (2003), "150 Cantares para RosalÃa" (libro dixital); "Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesús González" (2016). En 2019 é agasallada pola Asociación Cultural Agromada de Seixalbo co XI Premio Freire Carril. En 2020, a cineasta Sonia Méndez estrea o documental "Luz Fandiño, a poeta analfabeta". En 2022 é distinguida pola Asociación Cultural Val de Láncara co XX Premio Ramón Piñeiro Facer paÃs. A súa obra, na que abundan os poemas contra a guerra, a soidade e o feminismo, foi musicada por artistas como MarÃa Xosé Silvar "Sés".