A Deputación de Pontevedra vén de aprobar as subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico para editar -en formato papel, audiovisual, mixto e ou especial- traballos en galego sobre diversos temas relacionados coa provincia de Pontevedra. Este exercicio os 90.000 euros dispostos chegarán a 20 entidades sen ánimo de lucro e permitirán a creación de oito audiovisuais, trece publicacións, un audiolibro e unha gravación que se detallan desde o ente provincial. As temáticas son moi variadas e inclúen a recuperación dunha escolma fotográfica, a edición de novos textos dramáticos, a publicación de investigacións etnográficas, patrimoniais, históricas ou sobre flora e fauna, xa sexa en formatos de papel como sonoros ou audiovisuais.
Escolma do arquivo Ares espada de fotografía
Unha axuda de 3.500 euros irá para o Arquivo Histórico Diocesano (AHDS do Arcebispado de Santiago polo traballo de 'Escolma das fotografías do profesor Ares Espada nas parroquias pontevedresas'. A axuda irá destinada á publicación da colección fotográfica do profesor Ares Espada -delegado da Comisión Diocesana de Arte Sacro nos anos 70- sobre as parroquias pontevedresas do Arcebispado de Santiago, un traballo que no pasado ano 2022 permitiu iniciar a dixitalización e catalogación da colección de máis de 35.000 negativos en 35 mm. No primeiro ano de traballo, o arquivo xa catalogou 6.900 fotografías das que 2.461 pertencen as bisbarras da provincia de Pontevedra.Na comarca de Pontevedra recibirán tamén preto de 9.000 euros a Asociación Musical Cultural Tirante para a publicación 'Laboratorio da paisaxe' e a Asociación Galega de Percutas O mar para a publicación e a gravación 'A batucada galega vol.2, o novo patrimonio pontevedrés'.
Será beneficiaria tamén destas axudas a Asociación Cultural Entre Bambalinas de Moaña, responsable a da edición da revista Erregeté, neste caso os fondos provinciais irán destinados á publicación de nove textos de dramaturxia galega, fin para o cal recibirán 3.000 euros do ente provincial. No caso da comarca do Morrazo tamén será beneficiaria desta liña, con 8.000 euros, a asociación FICBueu, para a realización do audiovisual 'A Roiba. Un refuxio en Beluso'. No caso do Salnés, a Asociación Pola Memoria Histórica do Grove recibirá preto de 7.000 euros para a publicación e o audiovisual 'A memoria do mar'.
Por Comarcas
No caso do Deza-Tabeirós, as subvencións chegarán a preto dos 22. 000 euros, repartíndose entre a Asociación Cultural Vagalumes, para o audiovisual 'Ángel Lemos, apuntamentos biográficos', e tres colectivos de Lalín: a Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón (para a publicación 'Manual de obradoiros educativos', a Asociación Etnográfica de Codeseda (para o audiovisual 'Os trasnos de Doade: herdeiras dunha tradición musical'), e Medrar 2.0 para a publicación 'Tempo de celebrar'.
En Condado Paradanta as axudas (máis de 16.600 euros) benefician á Asociación Cultural e Etnográfica San Cibrán para publicar o libro 'Proxectos e realidades da emigración en Portugal e América', á Asociación Mouriscados para publicar 'Romarías da Franqueira', á Fundación Mondariz Templo del Agua para o audiovisual 'Rockefeller en Mondariz, o renacemento do balneario global', e á Asociación Sociedade Cultural e Deportiva Condado para publicar a 'Historia da ASCD Condado. 50 anos'.
Na área de Vigo, as axudas (preto de 13.500 euros) chegan a catro colectivos: a Plataforma de afectados por el vial poderá realizar o audiovisual 'O musgo luminiscente Schistostega Pernnata', A asociación etnográfica A Merdeira poderá editar a publicación 'O Merdeiro', a Asociación APAMP poderá rodar a peza audiovisual 'A peli rodante' e a Fundación para a pesca e o marisqueo poderá facer a publicación e o audiovisual 'O mar a raias. Shu e as mulleres do mar' .
No Val Miñor, dentro do concello de Nigrán, a Coordinadora para o estudo dos Mamíferos editará un audiolibro titulado 'A Toniña', cunha axuda de 3.700 euros, e a Fundación Carlos Casares a publicación 'Verbas vivas. Ruta literaria por Vigo e o Val Miñor'.