Os premios Ari(t)mar de poesía e música, que coordina anualmente a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e no que participan diferentes centros de ensino do país, completaron o seu palmarés este 15 de maio. Arancha Nogueira, con MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados impúxose na categoría de poesía galega, mentres Maria Isabel Fidalgo gañou con Se de repente perto fosse um verbo a categoría literaria portuguesa.
O fallo salienta que o poema de Nogueira "profunda no universo poético que a autora propón na súa obra Antese. Aquí, a poeta asume o papel de filla para falar da súa nai e faino cunha cadencia entre o cotián e o puramente metafórico". O traballo de Fidalgo, pola súa banda, "parece unha colección de anhelos que xorden dun condicionante que a autora pon encima da mesa coa intención de facer voar a súa imaxinación, ou quizais a súa memoria, até o centro da paixón que esperta o contacto humano".
O pasado 29 de marzo, a organización dera a coñecer o fallo da categoría musical, que foi para II. LISÍSTRATA (varre vasoira), das Fillas de Cassandra como mellor tema galego. O fallo salienta que "este segundo corte do que é o primeiro traballo das viguesas María Pérez e Sara Faro dá boa conta de que a escena musical galega segue a innovar e triunfar sen necesidade de abandonar a tradición cultural, reformulando a mensaxe feminista a través dun espazo no que a Grecia Clásica convive co trap ou a música electrónica".
No ámbito portugués, a mellor música de 2022 foi Maçãzinha, da agrupación portuense Retimbrar en colaboración coa mosense Uxía. O tema "é un bo exemplo do TugaBeat, nome co que os mesmos Retimbrar definen a súa música, unha mistura de sons folk, populares e de outras moitas orixes coa sempre imperante presencia da percusión tradicional lusa".
A organización do certame, ademais, outorgoulle o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022 á Associação José Afonso. Este recoñecemento "pretende salientar o traballo daquelas persoas, institucións, organismos ou iniciativas que destacaron por crear pontes de amizade, afectos e colaboración entre Galiza e Portugal a prol da nosa cultura e lingua común galego-portuguesa". A asociación, nada en 1987, traballa "por manter vivo o legado daquel que non só foi un dos maiores cantores e poetas da historia de Portugal, senón tamén un persoeiro sempre consciente das súas ligazóns, e as do pobo portugués, coa Galiza", e conta cunha delegación no noso país.
As propostas gañadores selecciónanse por votación en liña entre unha listaxe de dez candidaturas por categoría propostas polo alumnado e o persoal docente dos centros que colaboran nesta iniciativa. A entrega dos galardóns realizarase o vindeiro mes de outubro nunha gala que se celebrará no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.