Diversas accións celebraran esta fin de semana en Galicia o Día Internacional da Danza, marcado pola UNESCO nos calendarios o 29 de abril en conmemoración do aniversario do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre (1727- 1810), considerado o "pai" do moderno ballet. Na capital galega, así como en Vigo, A Coruña, Narón, A Estrada, Vilagarcía ou Vimianzo haberá programas de actuacións de danza de diversas variedades hoxe e mañá.
'Bailador' é o espectáculo co que a Cidade da Cultura, coa colaboración de Turismo de Galicia, se suma á celebración do Día Internacional da Danza o vindeiro sábado 29 de abril. Celebrarase ás 20,30 horas no auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro do Gaiás, con entrada libre e de balde, ata completar a capacidade do recinto. A peza de danza galega contemporánea na que Óscar Cobos Compañía de Danza pon en escena a nove bailadoras ao son das músicas de Berrogüetto reivindica o papel fundamental da muller como preservadora das formas tradicionais da nosa cultura popular e patrimonio inmaterial. Producida, dirixida e coreografiada por Óscar Cobos, e con Jaime Pablo Díaz ao cargo da dirección artística, a peza reúne ás bailadoras Ruth Pérez, Nerea Fouz, Rebeca Tallón, Cristina Canosa, Marta Mosquera, Nuria Gesteira, Uxía Portela, Eva Diago e Lorena Toimil, todas cunha destacada traxectoria en diferentes agrupacións e asociacións folclóricas galegas. Xuntas daranlle forma danzada aos temas de Berrogüetto, un grupo que transformou o xeito de entender e interpretar a música galega.
Homenaxe a Rey de Viana no seu centenario
Entre as propostas máis temperás está que ofrece hoxe mesmo, venres, a Deputación provincial de Pontevedra en Vigo. Un grande espectáculo en plena Porta do Sol en reivindicará esta arte e, de xeito especial, ao bailarín e coreógrafo José Manuel Rey de Viana (1923-1995) , do que este 23 de abril se cumpriu o centenario do seu nacemento. Rey de Viana foi fundador en 1949, xunto coa súa dona Victoria Canedo, do ballet que levou o seu nome e que mantivo en actividade ata 2005, e o seu papel foi fundamental na conservación e na difusión do folclore tradicional, cunha pegada inesquecible na actual danza galega, portadora de vangarda e embaixadora deste valioso legado cultural. As coreografías deste referente estarán presentes no evento conxunto que o Ballet Folclórico Galego e a Escola de Danza Maite Quiñones ofrecerán hoxe, ás 19 horas. O Ballet Folclórico Galego, composto por alumnas e alumnos da Escola de Danza Vila de Baiona, a Agrupación Folclórica CEAR Castromao (Mondariz) e a Agrupación Folclórica Hai Que Roelo (Cuntis), todas dirixidas por Eduardo Alves dá Costa Lojo, ofrecerá neste espectáculo coreografías de Rey de Viana. As músicas son todas tradicionais, de mestres do país, sendo algunhas pezas orquestradas por Sinfónica ou Bandas de Música. Eduardo Alves Dá Costa Lojo, que foi bailarín titular do Ballet Galego Rey de Viana durante sete tempadas, dirixe o ballet dende 2007 e tamén desenvolve un importante labor de investigación etnográfica e de recolleita.
Na Coruña, será hoxe e mañá cando se desenvolva unha dupla sesión de espectáculos no marco do comezo do ciclo TRCDanza, do Teatro Rosalía de Castro. Serán as obras 'Bionic' e 'Festina lente'. 'Bionic', da compañía Entremáns, é un espectáculo de danza contemporánea cun formato longo para sala con música en directo, onde tres artistas recrean un universo común. Pola súa banda, 'Festina lente' é un espectáculo da compañía VACAburra a que representa un avance constante que busca unha reflexión do momento presente. Nun mundo no que a pantalla coloniza as relacións, a obra pregunta se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, como deixar xurdir novas realidades. O ciclo seguirá despois coa súa 12ª edición ata decembro programando un total de 13 espectáculos que terán lugar no Teatro Rosalía de Castro.
A danza tamén nas vilas
Ademais das cidades, outras vilas galegas non deixan pasar a ocasión da efeméride da danza e presentan programas especiais. É o caso de A estrada, que para este sábado ofrece o festival 6coreógradas, xa presentado o pasado luns, que ofrecerá na vila tres espectáculos: 'Corpos de abismo', de Duelirium, ás 13,00 h. no Teatro Principal; 'Onde pousa a humidade', de Marcia Vázquez, ás 19,30 h. na Alameda Municipal; e Tabú, de Colectivo Glovo, ás 20,00 h. tamén no Principal. Non moi lonxe, na mesma provincia de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa tamén destinará o día ao baile. O Concello arousán Concello ofrecerá dúas actividades para poñer en valor a arte da danza. A Praza da Segunda República acollerá ás 17:00 horas unha actuación do alumnado da escola a Perla de Arousa con coreografías que amosan o seu traballo, e a compañía Nova Galega de Danza actuará esa noite no Auditorio Municipal coa súa peza 'Leira'.
Pola súa banda a programación cultural de Vimianzo, na provincia da Coruña, ofrece de acordo coa efeméride a actuación na casa da Cultura da compañía d danza Fran Sieira, co seu espectáculo "DeMente". Peza, estreada fai agora dous anos tamén no Día da Danza, que foi candidata aos Premios MAX e coa que o prestixioso bailarín e coreógrafo aborda o estigma da saúde mental. Tamén na provincia da Coruña, o Padroado de Cultura de Narón vai celebrar este día cunha creación propia da coreógrafa e formadora Cristina Montero, que amosará publicamente ás 12 do mediodía na Praza de Galicia. Alumnos e alumnas da escola municipal de actuación participantes dun obradoiro de creación colectiva participarán na posta en escea da peza 'Deixis' de Montero, que estará acompañada polo violinista e director de orquestra Pedro Montilla.