O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Deputación, presentaba este 2 de marzo BDra Gráfica, o novo festival de banda deseñada que se desenvolve na cidade. O debuxante e editor Kiko da Silva coordina un programa que transcorrerá entre os vindeiros días 17 e 19 no Teatro Principal e mais no Museo Provincial.
No cartel destaca a presenza de autores do panorama estatal, con nomes recoñecidos como son Ana Miralles, autora do cartel, Antonio Altarriba, Miguelanxo Prado ou Anabel Colazo, que manterán encontros co público e presentarán os seus últimos traballos. Canda a eles, José Ángel Ares, Adrián Morgade, autor de Xinfu, Alba Evan e Javier Domínguez, creadores de Miquits, Anémona de Río, Miguel Rojo e Pablo Prado, Fonso Barreiro e Ánxel Carramal protagonizarán cadansúa presentación.
Ana Miralles protagoniza tamén o espazo expositivo cunha mostra de cen orixinais do seu traballo. Canda a isto poderá verse unha colección con 85 láminas de acetato ilustrado empregadas para a animación da serie Dragon Ball. As dúas mostras estarán abertas ata o vindeiro 9 de abril.
Ademais de obradoiros para público escolar, o programa inclúe un espazo profesional no que se desenvolverá unha mesa sobre a cuestión De profesión, autores de cómic no que participarán Ana Miralles, Miguelanxo Prado, José Ángel Ares, Anabel Colazo, Alicia Jaraba e o propio Kiko da Silva.
O programa inclúe un espazo de venda a cargo das librarías Paz, Seijas e Nobel e no que estarán tamén presentes diferentes editoras como La Cúpula, Nuevo Nueve, Letra Blanka, GP Ediciones ou Retranca, canda á tenda de material de debuxo Torrado. As datas do festival coinciden coa primeira celebración do Día do Cómic a nivel estatal, o 17 de marzo.