Os museos galegos que dependen da Consellería de Cultura programarán ao longo de 2023 un total de 68 exposicións. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez presentaba este 8 de febreiro canda aos equipos directivos destes centros as propostas para o ano, que estarán marcadas polos aniversarios do Centro Galego de Arte Contemporáneo, do Museo do Castro de Viladonga e mais do Seminario de Estudos Galegos, ademais das efemérides dedicadas a Picasso e a Urbano Lugrís.
Na adianto destas propostas, o responsable de Cultura destacou a mostra Picasso. Branco no recordo azul, única proposta galega incluída na programación do Ano Picasso, que poderá visitarse no Museo de Belas Artes da Coruña. O centro acollerá na segunda metade do ano unha mostra sobre Sorolla no centenario do seu pasamento e tamén prevé desenvolver "unha musealización virtual da Torre da Parada", residencia de recreo de Felipe II destruída no século XVIII e para a que Rubens pintou dúas obras que se custodian no centro coruñés. A seguir con Picasso, tamén a Fundación Camilo José Cela programará unha mostra cos materiais sobre o pintor que coleccionou o premio Nobel de Literatura.
O 30 aniversario do Centro Galego de Arte Contemporánea protagoniza unha serie de propostas que inclúen tres mostras sobre a historia do museo ademais das iniciativas Guerrilla Girls, de Yolanda Torrubia e Santiago Olmo; Re-Vision (es) de Olga Mesa; Almudena Fernánez Fariña, de Susana Cendán; Ashgar Farhadi. A Beirarrúa, de Zara Fernández de Moya e Ahmad Taheri e Novos imaxinarios: cinema e museo, de Miguel Ángel Delgado e Nicolás Combarro. Fóra do propio espazo compostelán, o Museo do Mar de Vigo acollerá unha exposición fotográfica pola efeméride, á que se suma outra prevista na Cidade da Cultura de Galicia.
O outro grande aniversario dos museos galegos, os 40 anos do Museo do Castro de Viladonga, celebrarase cunha exposición virtual na que se amosará a evolución deste espazo. Dentro das homenaxes a Lugrís polos 50 anos do seu pasamento, o Museo Massó de Bueu abrirá unha nova sala dedicada aos primeiros traballos do pintor.
Pola banda do Museo das Peregrinacións, a Xunta adiantou a realización de sete exposicións, a incluír a mostra fotográfica In Itinere de Javier Iglesias, ou Arte e Oficio en Compostela, que amosará o legado artístico da familia que xestionou a histórica xoiaría Ángel. Desde o Museo Arqueolóxico de Ourense as previsións inclúen a mostra Ourense anos 20 que itinerará por diferentes espazos da provincia. A estas súmanse outras propostas desde o Museo do Viño e o Etnolóxico de Ribadavia ou o Museo Pedagóxico de Galicia que se presentarán ao longo dos vindeiros meses.