Fronte á tendencia de considerar as sociedades prehistóricas como territorios aillados, cada vez máis evidencias nos revelan a mobilidade dos grupos humanos durante o NeolÃtico. A revista especializada en arqueoloxÃa Munibe publica no seu último numero a identificación dun machado de xadeÃta, cunha fermosa cor verde, que chegou ao territorio da actual Coruña desde canteiras dos Alpes italianos. O machado, descuberto posiblemente por Manuel LugrÃs Freire neste monte da parroquia coruñesa de Elviña, foi depositado na Real Academia Galega. Os arqueólogos Carlos RodrÃguez Rellán, Ramón Fábregas, Arturo de Lombera e Óscar Lantes levaron a cabo o estudo da peza que permitiu determinar que a súa orixe está a 1.800 quilómetros. Trátase dun machado tipo Durrington "goutte d'eau", ben identificado na súa dispersión en Europa, e producido nas proximidades de Cuneo, no Piamente, onde existiu un importante centro de produción deste tipo de útiles lÃticos que aparecen distribuÃdos por todo o territorio europeo. Para determinar a súa procedencia, os investigadores fixeron unha análise formal da peza, pero tamén estudaron a súa composición, comparándoa con outras pezas tiradas da mesma área. Trátase do segundo exemplar localizado en Galicia, despois do atopado en Vilapedre (Vilalba). A peza foi depositada posiblemente entre o V e o IV milenio antes de Cristo nalgunha das mámoas da necrópole megalÃtica de Monte Aberto. Os investigadores manteñen reservas sobre como esta peza puido chegar ata o noroeste da PenÃnsula Ibérica, pero apuntan dúas posibilidades: ben por mar desde a Bretaña francesa, coa cal está documentados contactos marÃtimos nese perÃodo do megalitismo, ben por terra ou a través da costa mediterránea.