Tres grandes mostras ocuparán a Cidade da Cultura de Galicia nos primeiros seis meses de 2023. Asà o anunciaron hoxe o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, e a directora xerente do complexo, Ana Isabel Vázquez, que cifraron en vinte o número total de exposicións previstas para este perÃodo.
Detrás do espello é o tÃtulo da primeira grande mostra desta temporada, un proxecto que comisarÃan Antón Reixa e mais o xestor cultural Xosé LuÃs GarcÃa Canido. A mostra pretende "explorar o vencello singular con Galicia, e a pegada da nosa terra na súa obra, de 50 nomes imprescindibles da ciencia e da cultura universal, desde Einstein a Hemingway, Cortázar, Isabel Coixet, GarcÃa Márquez ou Luis Buñuel", segundo indica a presentación desta programación.
Para xuño, o historiador Ramón Villares comisaria A obra do Seminario de Estudos Galegos (1923-1936), a coincidir co centenario desta institución. A estas propostas engadirase outra mostra centrada na conmemoración do trinta aniversario do Centro Galego de Arte Contemporánea.
Canda a estes grandes proxectos, o groso das propostas expositivas do Gaiás para esta temporada céntrase na exhibición dos fondos do Arquivo e da Biblioteca de Galicia. AsÃ, a exposición que a Biblioteca lle dedica a MarÃa Antonia Dans polo DÃa da Ilustración ou a que protagonizarán os materiais sobre Francisco Fernández del Riego con motivo do DÃa das Letras Galegas son dúas das máis destacadas deste espazo. Pola banda do Arquivo en marzo verá a luz Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo, e en xuño unha segunda exhibición polo DÃa Internacional do Arquivos.
O programa que se fixo público este 18 de xaneiro complétase coas mostras Camiños creativos e De lugares e cousas, xa en marcha e abertas ata o vindeiro mes de abril, e con novas intervencións artÃsticas e paisaxÃsticas nos espazos exteriores do complexo, a incluÃr a cuarta edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe.
Fóra da sede en Santiago, o director xeral de Cultura lembrou a itinerancia da mostra A VÃa da Prata. Aires do sur, que abre este 20 de xaneiro en Cáceres, e mais a de Foi un home. Laxeiro en América. Buenos Aires (1950-1970) que se poderá ver en ParÃs. Tamén lembrou que o proxecto Cidades no tempo, comisariado por Manuel Gago ten previstas este ano exposicións especÃficas en Lugo, A Coruña e Vigo ata o final do ano.
Desde a Xunta lembraron tamén que este ano continúa o traballo para desenvolver o xa anunciado Centro de Artes Dixitais de Galicia, que consideran prioritario para o complexo.