O museo Valle-Inclán fai vinte anos mentres nace a Casa dos Títeres en Lalín

De museos e homenaxes

Os vinte anos do museo Valle-Inclán encherán esta semana de actos de conmemoración concello da Pobra, que celebra ademais os cen anos da obra "Sonata de otoño" e o aniversario do nacemento do escritor. E mentres uns museos cumpren anos, outos nacen. Hoxe abrése en lalín a Casa do Títeres, un museo dedicado ós monicreques que albergará diferentes relacionadas con este mundo.

Tres aniversarios nun




A pesar de que o museo Valle-Inclán da Pobra se inaugurou oficialmente en 1986, este ano cúmprense dez anos da constitución do seu patronato. A coincidencia deste aniversario co da creación da obra "Sonata de otoño" e o do nacemento do escritor en 1866, motivan que nos vindeiros días o concello esté cheo de actos na honra dun dos seus veciños máis ilustres.
Para hoxe mesmo, e se a choiva non o impide, estaba prevista a realización da Ruta Valle-Inclán, que percorre o concello pasando polos lugares que gardan unha maior relación co dramaturgo.
E para mañá abrirase na sala e exposicións do museo unha mostra de 24 gravados sobre a obra de Valle-Inclán, que pertence a Xosé Conde Corbal. Dous días despois a Torre de Xunqueiras será o escenario da lectura pública de textos de "Sonata de otoño", que comezou a publicarse en xornais hai agora cen anos. Para este acto o concelleiro de Cultura da Pobra anunciou "máis sorpresas na torre".
O día vinesete celebrarase un concerto da coral Camariñas na igrexa Santiago do Deán, e no 28, coincidindo co aniversario do nacemento do escritor, haberá unha ofrenda floral na que se escoitará unha gravación da voz de Valle-Inclán cedida por Radio Nacional de España. As oito e media da tarde deste día representarase no teatro Elma a obra "Caprichos de Cervantes" a cargo da compañía Galileo.
Os actos en memoria de Valle-Inclán rematarán o vindeiro día 31 coa presentación da páxina web do museo Valle-Inclán.












Monicreques no museo




Lalín acollerá en breve a Casa dos Títeres, primeiro museo dedicado ós monicreques de toda Galicia, en virtude do convenio asinado entre o concello e a compañía Títeres Viravolta. Este museo, que se situará na antiga biblioteca da vila, terá unha sala de exposicións permanente na que se poderá ver material cedido polas compaías Viravolta e Seisdedos. Para o vindeiro trimestre o museo anuncia a posta en marcha dun obradoiro de monicreques para os máis pequenos , que se celebrará tres días a semana entre as sete e as oito da tarde. Tamén prevén realizar de cara o futuro diferentes xornadas técnicas sobre o tema, así coma conferencias, traballos de restauración de monicreques, préstamos de fondos, mostras temporais e catalogación de pezas entre outros.