O concello da Coruña adquiriu o inmoble da rúa Sinagoga 4 da cidade vella da Coruña para convertelo en centro de interpretación. O inmoble, que custou 420.000 euros, está asociado na tradición local coruñesa ao barrio xudeu da cidade e, en concreto, á posibilidade de que aà estivera a sinagoga da comunidade. A descuberta dunha cisterna de auga durante as intervencións de control de 2019 fixo alforar unha hipótese de que poderÃa ser un equipamento asociado á práctica relixiosa xudea, ou ben un alxibe de augas vinculado á propia actividade histórica da cidade vella, sen función relixiosa. O inmoble, con todo, non é medieval, senón de época moderna. A Coruña contou cunha importante comunidade xudÃa, adicada ao comercio e á recadación de taxas para a Coroa. Na cidade elaborouse a Biblia Kennicott, por encargo dos comerciantes da cidade e un dos manuscritos hebreos máis sofisticados da Idade Media, hoxe conservada na Biblioteca Bodleiana de Oxford.