Premios Barbantia para Xesús Alonso Montero, a poeta Ana Blanco e o Museo do Gravado de Ribeira

Entregaranse o vindeiro sábado no Pazo de Goiáns en Boiro

Entregaranse o vindeiro sábado no Pazo de Goiáns en Boiro
O Pazo de Goiáns, en Boiro, acollerá o vindeiro sábado día 10 a entrega dos premios culturais anuais da Asociación Barbantia, así como a presentación dun novo número do Anuario de Estudos do Barbanza. A poeta Ana María Blanco (Noia, 1931), recibirá o Premio á Traxectoria cultural no Barbanza; o filólogo e ex-presidente da RAG, Xesús Alonso Montero foi o elixido para recibir o premio Barbantia da Cultura Galega e o Museo do Gravado de Artes de Ribeira recollerá o Premio á Iniciativa cultural no Barbanza. Os premios desta asociación cultural levan dese 2007 recoñecendo iniciativas e figuras destacadas pola súa achega á cultura no país e na súa comarca. Como parte da xornada de entrega dos galardóns presentarase tamén o XVIII Anuario de Estudos do Barbanza. A gala retransmitirase en directo a través da canle de YouTube da asociación boirense.

Ligazóns