A webserie 'MatarÃa. Microserie', premiada na última edición dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, pon a fin ao seu percorrido, truncado pola morte inesperada a principios de ano do seu protagonista e un dos dous responsables da súa realización, Pedro Brandariz. Coma unha homenaxe ao malogrado artista, o outro responsable do proxecto, o realizador Javier Seoane, presenta agora os tres derradeiros capÃtulos co material xa gravado, que irán difundÃndose durante o mes de decembro, cada domingo do mes publicaranse nas canles de YouTube e Instagram da serie un novo capÃtulo e rematará todo o proxecto o dÃa de Nadal publicando un documental que dará conta de toda concepción e realización da webserie para o que usará, entre outras cousas, as gravacións de voz que Brandariz enviaba a Seoane polo Whatsapp. Deste xeito rematarase o ano cunha homenaxe máis ao desaparecido actor desde un dos seus proxectos máis persoais e recoñecidos. "MatarÃa" organÃzase en pequenos capÃtulos de tres ou catro minutos e cada un deles é independente e autoconclusivo.