Este 22 de novembro facíanse cen anos do nacemento da xornalista e escritora Mariví Villaverde. Falecida en 2017, foi unha figura destacada no ámbito da memoria histórica, e a súa autobiografía Tres tempos e a esperanza supuxo unha obra pioneira na denuncia da represión franquista, en particular cara ás mulleres.
A conmemorar este centenario, o departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra anunciou a reedición do libro de Villaverde e a estrea dunha peza audiovisual sobre a súa traxectoria. O vindeiro 2 de decembro a sede da entidade acollerá a presentación destes proxectos.
Ao tempo, o Concello de Pontevedra anunciou a creación dun Premio de Memoria Histórica co nome desta activista, ao que se poderán presentar obras de ensaio e de narrativa arredor desta temática.
Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega acaba de incorporar a biografía da escritora ao seu Álbum de Galicia. O web da institución acolle este espazo no que, canda a unha biografía de Villaverde, atópanse extractos de cartas, documentos e outros contidos arredor da autora.
Entrevista a Mariví Villaverde na serie Historias de vida