O Concello de Lugo recoñeceu de xeito póstumo a Darío Xohán Cabana ao lle outorgar a medalla da cidade. A entrega destes galardóns, que distinguiron tamén a diferentes entidades locais, realizarase o vindeiro 30 de novembro. Non é esta a única homenaxe que se lle está a realizar ao autor cando se fai o primeiro aniversario do seu falecemento este día 16.
Ademais, a Área de Cultura municipal anunciou tamén que está en marcha a realización dunha escultura en homenaxe ao autor, asinada polo artista Caxigueiro. A obra incluirá versos do poeta seleccionados pola súa familia. Ademais, daráselle o seu nome a un paseo próximo á Muralla de Lugo.
Tamén en Lugo, un grupo de amizades do autor artellou para o vindeiro 18 de novembro a gala Un ano sen o Darío. O Auditorio Gustavo Freire acollerá a partir das 19 horas un encontro que "dará voz ás amizades de sempre e ás recentes, a novos e vellos, a homes e mulleres unidos por quen se foi un 16 de novembro e non marchará nunca de cabo de nós".
Desde o seu falecemento publicáronse dúas obras póstumas do autor. En Xerais saíu A música das palabras. De lingua e literatura 1990-2021, un volume de 450 páxinas que recompila artigos publicados polo poeta arredor de cuestións culturais durante trinta anos. Ademais, Galaxia presentou a finais de outubro Claudine na escola, de Colette, traducida polo autor antes do seu falecemento.
A coincidir coa data institucións como Real Academia Galega lembraron a data nas súas redes sociais e autores coma Xoán Ramiro Cuba publicaron en diferentes medios un artigo en memoria.