The Drop é o tÃtulo da nova banda deseñada que acaba de autoeditar a autora coruñesa Xulia Pisón. Nesta obra, que a autora cualifica como "moi persoal", Pisón interpreta as diferentes fases do sono e o que acontece nelas mediante unha historia muda "que recolle medos, sensacións e estados mentais" e da que se poden facer múltiples lecturas.
O volume de 40 páxinas inclúe gafas de visión tridimensional. O recurso do 3D "marca a separación entre o adormecemento e o sono. É unha ferramenta para crear esa atmosfera de estrañeza dun proceso tan natural pero tan misterioso como é o de durmir. Xa no propio acto de poñer ou sacar as gafas hai unha sensación de estar entrando nunha dimensión diferente", explica Pisón. Esta é a primeira BD galega da que hai constancia que empregue esta técnica. A obra pódese adquirir no web da autora e en tendas especializadas por 9,50 euros.
En paralelo, Alfonso Barreiro Fon acaba de lanzar con Aira Editorial o segundo volume da súa serie Gazafellos. Tami, Fede, Tiago e Mauro voltan con novas aventuras que inclúen o retorno do gazafello malvado. A obra de 64 páxinas a cor pódese adquirir por quince euros.
Finalmente, o guionista vigués David Braña acaba de presentar na editora Sally Books a obra Dugan, unha historia de ciencia ficción con aires noir na que colabora cos autores Alberto Cimadevilla e Carlos Mercé. Además, Braña presenta en Vigo este sábado 19 de novembro a antoloxÃa Paz que coordinou. Este volume de 160 páxinas publicado pola editorial Serendipia logo cun proceso de crowdfunding recolle obras de 62 autores arredor dos conflitos bélicos. Os beneficios da obra van para diferentes organizacións non gobernamentais que están a ofertar asistencia na guerra de UcraÃna.