Co obxectivo de impulsar actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego a ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a ConsellerÃa do Medio Rural veñen de establecer un convenio de colaboración artellado a través da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A XERA -a través do CIS Madeira- prestará asesoramento técnico á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en aspectos relacionados coa diagnose do estado de conservación de elementos estruturais de madeira, coas propostas sobre técnicas de intervención e reforzo de elementos estruturais, cos requisitos das partidas de madeira empregadas nas intervencións e acompañamento durante a execución en obra e coa información técnica.
Segundo comunica a Xunta, o acordo persegue os obxectivos estratéxicos de promover a colaboración en materia de investigación aplicada á conservación do patrimonio cultural en madeira en Galicia, de cooperar en materia de transferencia de coñecemento mediante o asesoramento mutuo e o desenvolvemento de mecanismos comúns para a valorización de resultados e o de deseñar actuacións conxuntas dedicadas a promover o uso e o desenvolvemento de técnicas de intervención en estruturas de madeira existentes no patrimonio cultural galego, entre outros que se poidan ir definindo. No marco do convenio de colaboración, contémplanse estudos conxuntos sobre aspectos relacionados con elementos de madeira no patrimonio existente. Asà mesmo, o coñecemento xerado e as actuacións realizadas prevén difundirse a través de xornadas técnicas, cursos ou talleres formativos sobre diagnose e rehabilitación de estruturas antigas en madeira; publicacións en congresos e revistas especializadas; fichas técnicas das intervencións; asà como mediante contidos audiovisuais e publicados na internet ou redes sociais.