Para esta ponte de Defuntos, desde culturagalega.gal queremos agasallarvos cunha xoia: tres historias contadas, no ámbito da tradición oral, sobre a morte en Galicia. Proceden da colección A nosa fala, unha escolma de documentos sonoros gravados entre os anos 70 e 90 do pasado século por investigadores do Instituto da Lingua Galega. Tiñan por obxectivo documentar a lingua galega entre falantes de todas as idades, oficios e contextos sociais, pero co paso do tempo o seu valor trascende o lingüístico e nos amosa un retrato da Galicia do século XX e a súa tradición oral. A escolma foi realizada por Francisco Fernández Rei e Carme Hermida. A colección está dixitalizada no Mapa Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.
A raposa de morrazos
"Non era nin animal nin cristián", di a fonte que presenta unha das menos coñecidas bestas da mitoloxía galega: a raposa de Morrazos, unha especie de harpía que transporta as almas dos mortes e botaba lume pola boca. É ben interesante como a fonte di que nunca a viu persoalmente pero a recoñeceu ao vela na televisión un día. Gravación tomada na parroquia de Erbecedo (Coristanco)
A campaña, o demo e os velorios
Na parroquia de Madanela (A Fonsagrada, Lugo) chéganos esta historia sobre como se vivían os velorios nas aldeas, e o costume de recitar historias cabo do morto.
A historia encadenada
En Fornelos (Salvaterra de Miño, Pontevedra) chéganos esta fermosa historia encadeada que nos permite ver como, na sociedade tradicional, a morte estaba en todas partes e era o elemento definidor da propia vida.
Historia encadeada.
O Abelán, FORNELOS (SAN XOÁN), Salvaterra de Miño, Pontevedra
http://mapasonoro.consellodacultura.gal/pezas/index/380/2