Nas tardes dos vindeiros días 3 e 10 de novembro o Salón de actos da Real Academia Galega acollerá a celebración do Simposio Florencio Delgado Gurriarán. O grande encontro arredor do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas transcorrerá en sesións que comezarán ás 17 horas e que abordarán distintos aspectos da lingua, a literatura e o activismo político e cultural do poeta valdeorrés. As sesións, que teñen acceso libre e de balde, poderán seguirse tamén polas redes da RAG.
O simposio servirá de presentación para o libro Co anceio de volver. Conversas con Florencio Delgado e Celia Teijeiro, no que o biógrafo do autor, Ricardo Gurriarán recupera a conversa que o homenaxeado mantivo en 1979 coa antropóloga catalá establecida en México Dolors Pla e mais a entrevista que o propio Ricardo Gurriarán lle fixo á dona de Florencio Delgado, Celia Teijeiro, en 1998.
Canda a isto, a primeira das sesións abrirá cunha intervención do académico Xesús Alonso Montero a falar sobre a poesía sociolingüística do autor e doutros poetas do seu tempo. O programa inclúe tamén unha mesa redonda na que Ramón Nicolás abordará a correspondencia entre Rodolfo Prada e Ramón Otero Pedrayo; Débora Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio, achegará unha ollada á voz do poeta dende Valdeorras; a filóloga Concepción Álvarez Pousa tratará as fontes léxicas na lírica do autor, e o catedrático da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo Xosé Manuel Dasilva, debullará as traducións de Delgado Gurriarán ao galego de poetas como Walt Whitman ou Paul Valéry.
Ricardo Gurriarán iniciará a sesión do día 10 a falar sobre trazos biográficos do poeta de Valdeorras. Tras el, unha mesa reunirá a Xosé Luís Pastoriza a analizar da etapa vital da guerra civil e do primeiro exilio do autor e á historiadora Pilar Cagiao, que tratará do México ao que chegou Florencio no ano 1939. Samuel Diz, pola Súa banda, abordará a relación entre Delgado Gurriarán e o violinista ferrolán Xesús Dopico, primeiro presidente do Padroado da Cultura Galega en México.
Como feche do simposio o guitarrista Samuel Diz e a cantante Belén Vaquero realizarán unha actuación musical que incluirá composicións de Xesús Bal y Gay e de María Teresa Prieto, Rodolfo Halffter e Gustavo Durán, canda a adaptacións de poemas galegos.