A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía na mañá este 20 de outubro a apertura dos XXIV Encontros para a Normalización. Co lema Arte e lingua como ferramentas de construción masiva, a iniciativa, que se desenvolve ao longo de toda a xornada, quere explorar o potencial das disciplinas creativas de cara ao fortalecemento do galego na sociedade.
Segundo explica a presentación do proxecto, "queremos abrir un debate coas creadoras e creadores artísticos do país co ánimo de tecer redes no sector e potenciar a lingua de xeito cooperativo, posto que, como poñen de relevo as últimas tendencias, confiamos no potencial das artes para exercer de elementos normalizadores".
A xornada artéllase en mesas temáticas que abordarán as temáticas de Música e danza; Cómic ilustración e muralismo; Humor, circo e artesanía e mais Videocreación, cinema e poseía. Nas mesmas participan nomes destacados do panorama cultural como Xosé Antonio Touriñán, Guadi Galego, Alba Cid, Quico Cadaval, Yoseba Muruzábal, Kiko da Silva, Laura Romero, Ángeles Huerta, Adrián Canoura ou Elena Ferro, entre outros.
De xeito paralelo ás mesas, o Consello da Cultura publicou unha serie de vídeos coas mesmas temáticas e protagonistas a adiantar os temas que se abordan en cada unha. Os debates pódense seguir ao vivo na canle de Youtube do Consello.