A Xunta de Galicia facía públicos este 4 de outubro os Premios da Cultura Galega de 2022. Os galardóns que recoñecen a "excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección cultural de Galicia" foron seleccionados por un xurado entre as propostas remitidas ao Goberno. Os gañadores recibirán un diploma conmemorativo e unha figura realizada por un artista galego.
A escritora Marica Campo foi galardoada co premio na categoría de letras, e o fallo destaca dela "o seu compromiso para achegar a lingua galega ás xeracións máis novas, o seu labor pola defensa da cultura galega e polo seu activo traballo para fomentar valores como o feminismo, o ecoloxismo ou a solidariedade".
Na categoría de artes foi recoñecida a investigadora María Victoria Carballo-Calero, catedrática emérita de Historia da Arte Contemporánea na Universidade de Vigo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Dela o xurado destacou que "a súa ampla bagaxe na investigación académica e na difusión cultural, especialmente no referido á arte galega do século XX, levouna a recibir o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo".
De Melania Cruz, galardoada no ámbito das artes escénicas, a organización lembra que "en 2014 debutou no audiovisual interpretando o papel da Raxada no filme A esmorga, de Ignacio Vilar. Desde entón participou en filmes e series de televisión e acadou recoñecementos como os Premios Mestre Mateo á mellor actriz protagonista en 2018 pola súa participación en DHOGS, e en 2021 por Ons, e á mellor actriz de repartición en 2019 por Trote. Ademais, en 2020 recibiu o Premio Cinema Galego do FICBUEU pola súa traxectoria profesional".
Os Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela recibiron o recoñecemento na categoría de Música. Esta iniciativa, nada en 1958, desenvolve "un labor de preservación, coñecemento, formación e difusión do patrimonio musical, ademais do coñecemento dos autores e da música española no exterior" que lle valeu recoñecementos como a Medalla de Honra da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
O presentador Xosé Ramón Gayoso foi escolleito para o premio audiovisual. A destacar os seus méritos, a organización destaca que este profesional "fíxose inmensamente popular ao fronte cada venres de Luar, un dos grandes éxitos da Televisión de Galicia e un dos programas máis lonxevos da televisión en España, que vén de celebrar trinta anos en antena de xeito ininterrompido".
Na categoría de lingua, impúxose o filólogo e membro da Real Academia Galega Manuel González, destacado como "un dos intelectuais galegos máis relevantes do último século e a súa dedicación ao estudo e defensa e promoción da lingua galega fan del un piar fundamental na normalización do noso idioma, tendo contribuído decisivamente á súa difusión nos máis diversos ámbitos e á consolidación da súa presenza social e do seu prestixio".
No campo do patrimonio, foi a Asociación Cultural Xacarandaina, da Coruña, a seleccionada para o galardón. Este colectivo destácase como "referente da recuperación e catalogación dunha base importante do legado artístico tradicional galego, con traballos de campo progresivos ao longo destas catro décadas cos que se recuperaron miles de repertorios de músicas, coplas e danzas a partir das que hoxe reconstruímos o noso riquísimo corpus tradicional e que lle ten reportado tamén o recoñecemento internacional".
Finalmente, no apartado de proxección internacional, o xurado seleccionou o programa ConCiencia de divulgación científica, que se basea en artellar visitas de premios Nobel ao noso país. "Tras 17 anos de existencia ininterrompida visitáronnos máis de 40 persoeiros, que estableceron vínculos e proxectos comúns lanzando desde Galicia mensaxes cuxos ecos traspasaron as nosas fronteiras e que, ademais, foron imbuídos da nosa cultura, costumes e paisaxe. Créase así un grupo de presión galego entre esa elite internacional, enriquecendo ao mesmo tempo a difusión do noso patrimonio cultural", salienta o fallo.
O xurado estivo composto polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, así como profesionais da cultura como Zaza Ceballos, produtora audiovisual e galardoada nos Premios da Cultura Galega 2021; Elena Pardo, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, e Xosé Eduardo López-Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo.