Comeza a restauración dun novo baldaquino do XVI descuberto en Campo Lameiro

As labras foron localizadas polo cura párroco en 2021

As labras foron localizadas polo cura párroco en 2021
Adán e Eva no baldaquino de San Isidro de Montes (Campo Lameiro). Foto: Campo Lameiro
Unha Eva sorrinte, un Adán preocupado e unha terceira figura labradas nun estilo moi particular. Así é unha das caras deste baldaquino, datado segundo a profesora da USC Dolores Barral entre 1520 e 1530. Outra das caras amosa un detallado martirio de San Sebastián e unha terceira, fragmentada, un anaco dunha escena do enterro de Xesús. As espectaculares pezas foron localizadas polo párroco Fermín Santiago en 2021 na igrexa de San Isidro de Montes (Campo Lameiro). O concello, cunha subvención da Deputación de Pontevedra, contratou agora a restauración das labras como paso previo á súa exhibición na propia igrexa, ao tempo que se instalará un cartel no exterior explicando o baldaquino. Os traballos son feitos pola empresa Árbore Arqueoloxía. O novo baldaquino súmase así ao chamativo número de monumentos similares que foron erguidos en templos do rural da provincia de Pontevedra, onde se concentra o maior número destas pezas. Poucas delas chegaron completas ata os nosos días.




Martirio de San Sebastián. Foto: Concello de Lameiro


Enterro de Xesús. Foto: Concello de Lameiro