A Deputación da Coruña vén de outorgar os premios Antonio Fraguas de ArtesanÃa que nesta XIV edición recaen en Carmen Riveiro (Zas, 1949) na modalidade 'tradicional' por un vestido de noiva realizado en liño, e en Verónica Moar (A Coruña 1978), na modalidade 'contemporánea' por unha composición de dúas pezas en gres e cerámica. O certame concede un premio de 6.500 euros para cada modalidade. Esta é a segunda ocasión na que Carmen Riveiro gaña o Premio Antonio Fraguas de ArtesanÃa na modalidade 'tradicional', xa que en 2006 fora galardoada pola peza 'Chal de liño'. O xurado estivo composto por Elena Bangueses, Carla Canedo, Idoia Cuesta, Elena Ferro e Lidia Nieves DomÃnguez, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto.
Da proposta de Carmen Riveiro, titulada 'Vestido de noiva en tres versións', o xurado salienta no seu informe "a orixinalidade do feito de combinar dúas técnicas tradicionais: o tecido en tear de baixo lizo do vestido e o pantalón, e o encaixe de bolillos feito con liño do veo e o chaleco". Esta proposta combina unha serie de prendas que compoñen varias versións dun mesmo traxe de noiva, segundo se use o pantalón ou a sobre-saia, o que foi cualificado polo xurado "como unha composición de pezas moi versátil e moderna, xa que se trata dun conxunto de pezas evolutivo que pode irse modificando, permitÃndolle moitas aplicacións".
Da proposta de Verónica Moar, que leva por tÃtulo 'Lo que contiene', o xurado valorou "o feito de que se trata dunha peza na que destaca o seu acabado e o dominio das técnicas utilizadas: torneado, modelado a man, e reprodución por colada". Trátase dunha escultura en pequeno formato que, segundo explica a autora na memoria que presentou, "nos conduce a unha paisaxe que se desintegra e distorsiona, que se desfigura e restaura, onde o xeolóxico, o telúrico e o sÃsmico adxectivan de maneira elocuente a obra". Consta de dúas pezas, unha grande realizada en gres, con modelado á man e esmalte en branco con cristalizacións, e unha pequena de porcelana, reproducida por colada e decorada á man con óxidos.