A histórica formación musical Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario na música neste ano 2022 e os Premios MartÃn Códax da Música súmanse á conmemoración entregándolle ao grupo o galardón honorÃfico da súa novena edición. Desde Músicas ao Vivo, entidade organizadora dos premios, consideran que este recoñecemento pon de relevo o significado que a música de Fuxan os Ventos tivo para a sociedade galega cun repertorio que foi camiñando do folk á música popular coa prevalencia dunhas letras "ben propias ou de poetas, que abrangueron temáticas moi amplas, en ocasións reivindicativas con temas como a emigración, a autonomÃa, a ecoloxÃa e a pobreza, ou recolledoras dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo". O galardón entregarase na gala dos 9º Premios MartÃn Códax da Música o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde tamén se proxectará un vÃdeo con entrevista e homenaxe á banda.
Músicas ao Vivo destacan que Fuxan os Ventos "non foi o único grupo galego cun alto compromiso social da época, pero si o que máis éxito acadou, chegando non só á intelectualidade galega vencellada á canción protesta e aos cantautores senón tamén á Galicia de orixe rural". Considerados pioneiros e baluartes da música en galego, Fuxan os Ventos constitúe un proxecto histórico, referendado non só pola crÃtica e o propio sector musical, senón ademais polo gran público. A súa música chegou a milleiros de persoas e puxo a canción en galego en boca de varias xeracións. O seu maior éxito discográfico foi "Sementeira", publicado en 1979; son anos de centos de actuacións, chegando a Cataluña, PaÃs Vasco, Lisboa, Bruxelas, ParÃs, Zürich, Brest, e mesmo participando en dúas edicións do Festival Intercéltico de Lorient en 1978 e 1979. A formación, cuxos integrantes teñen previsto algún evento sorpresa neste ano de 50 aniversario, está unanimemente recoñecida polos grupos e artistas da música galega actual. Xustamente o próximo 22 de outubro inaugurarase na cidade de Lugo unha exposición que conmemorará o médico século do grupo. A mostra estará comisariada pola viguesa Sabela Fraga e será unha co-produción da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Lugo, coa colaboración do Consello da Cultura Galega.