O Eixo Atlántico presentou este mes de setembro a banda deseñada Das Orixes á Unión Europea, Historia da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. O volume colectivo conta con debuxos dos galegos Daniel Docampo e Norberto Fernández e dos portugueses Daniel Correia e Martim Cordovil sobre textos do historiador VÃctor RodrÃguez.
A obra, a toda cor e cunha extensión de cen páxinas repasa a historia da Eurorrexión desde os seus primeiros poboadores ata a actualidade. Alén dun repaso cronolóxico que remata en 2021, a obra dedÃcalle un capÃtulo aos trinta anos de historia do Eixo Atlántico, desde a súa fundación en 1992 e explica as actividades da entidade a través das personalidades e traballadores e traballadoras desta entidade. O proxecto ve a luz en edicións fÃsica e dixital en galego, portugués e español.
De xeito paralelo, o galego Xosé Tomás acaba de presentar o cuarto volume da súa serie Animalia, que publica Edicións Xerais. Co tÃtulo de Gris a obra está dedicada aos animais da cidade e mantén o ton humorÃstico das anteriores entregas.