"Do caldo de castañas pasamos ao marrao e logo ao churrasco", afirma de broma Xurxo Ayán ao coñecer os resultados das analÃticas practicadas aos tres últimos defuntos do castro de San Lourenzo que foron investigados polo momento. Deste xeito Ayán, director do proxecto arqueolóxico de San Lourenzo (A Pobra do Brollón), refÃrese aos importantes cambios na alimentación da parroquia de Cereixa, onde se atopa a necrópole, ao longo de mil anos, desde a Alta Idade Media ata o presente. Os mortos analizados polo equipo do Instituto Universitario de XeoloxÃa da UDC, dirixidos por Aurora Grandal, foron inhumados ao redor do século X e XI.
Tumbas da laxas de época altomedieval no castro de San Lourenzo. Foto: Proxecto arqueolóxico
A análise dos seus restos proporciona unha das escasas ocasións de achegarnos á vida real das clases baixas do reino de Galicia durante este periodo, toda vez que a acidez do solo favorece a desaparición dos restos orgánicos. A partir do coláxeno extraÃdo dos ósos, os cientÃficos da UDC realizaron análises isotópicas que permitiron obter datos sobre a alimentación, malia o mal estado de conservación das mostras. Os datos revelaron como os individuos tiñan unha dieta eminentemente vexetal, na que tamén estaban ausentes cereais como o millo miúdo, e no que seguramente os produtos da horta ou cereais como centeo habÃan ser a base da alimentación e que revelan as duras condicións do campesiñado da época. Os datos tamén indican a escaseza do consumo de peixe, tanto de rÃo como de mar. A partir da análise do carbonato do esmalte dental, tamén se puido analizar que varios individuos tiveron unha mobilidade escasa ao longo da súa vida. Os resultados contrastan con outros esqueletes examinados da mesma necrópole. En concreto, cun individuo do século XV bautizado como Atilano, que tiña unha dieta rica en fontes de alimentación e recursos, e que os investigadores consideraron pertencente á elite local. Cambios alimentarios que tamén son cambios sociais e culturais, e que pasaron dunha dieta forzosamente vegana a unha economÃa doméstica máis rica e diversa a partir da Baixa Idade Media e ata o momento actual, con negocios hosteleiros especializados na grella do churrasco.