Co lema 100 anos de edición moderna en Galicia a Asociación Galega de Editoras organiza a XIX xeira do Simposio sobre o libro e a lectura. A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago acolle este 22 de setembro a cita anual do gremio, que nesta ocasión "viaxará a través das distintas etapas da edición no país, desde os selos pioneiros Nós, Lar e Céltiga ata a edición dixital".
A organización lembra que "hai xusto un século, editores como Xaime Quintanilla en Ferrol, e Ánxel Casal e Leandro Carré na Coruña e Compostela, puxeron en marcha, por vez primeira, innovadores proxectos editoriais. Tiñan como obxectivo conquistar amplos públicos lectores, para o que se deseñaban capas atractivas, se poñían en marcha coleccións temáticas, e se elaboraban estratexias de mercado e publicidade. Foi o nacemento do libro galego moderno. Unha época intensa e feliz que quedaría tronzada na guerra civil".
A percorre esa historia, o programa comeza cunha conferencia de Encarna Otero, sobre o traballo de Ánxel Casal. A seguir, Xurxo Martínez falará sobre os precursores do oficio no século XIX, mentres Miguel Toval abordará o papel de Céltiga como precursora da edición moderna do país. X. M. Dasilva e Charo Portela repasarán a situación da edición galega durante o franquismo e o exilio, respectivamente.
Manuel Bragado abrirá a sesión de tarde cunha palestra sobre o papel de Xosé María Álvarez Blázquez e Castrelos nos anos 60, Laura R. Herrera, analizará a etapa da transición na edición galega e Francisco Castro, repasará "O papel do libro na revolución dixital". O sociolingüista e ensaísta, Xesús Alonso Montero, pechará o Simposio coa conferencia "Un libro clandestino sobre o franquismo e a represión en Galicia: Galicia Hoy (Ruedo Ibérico, París, Buenos Aires, 1966), deseñado e coordinado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane".