Compartir en comunidade a elaboración do pensamento filosófico, sácalo á rúa, expresalo de máis xeitos que coa palabra e non relegalo ao contexto académico limitado ás elites culturais é o que convirte un encontro sobre filosofía nun festival, ese é o pensamento inspirador do concepto do Festival de Filosofía de Galicia que este mes chega á súa segunda edición. O evento bianual organizado polo Consello da Cultura Galega celébrase este ano co formato co que foi concibido e que non puido chegar ver realizado na súa primeira edición ao ser sorprendidos pola pandemia en 2020. A directora do encontro, Carme Adán, acompañada da presidenta do CCG, Rosario Álvarez , presentou hoxe o programa que se desenvolverá entre Santiago de Compostela e Ourense do 30 de setembro ao 2 de outubro e que terá como tema central achegarse ao pensamento feito por mulleres e repensar a importancia da súa achega histórica á filosofía para darlles visibilidade.
Este evento, pensado para abrir a filosofía e o pensamento a espazos e formatos diversos e a pé de rúa, reunirá destacados especialistas en conferencias, mesas redondas, tertulias de café e espectáculos de artes escénicas na procura de amosar o presente que está a filosofía e como resulta necesaria para afrontar situacións do noso contexto vital, segundo avanzaron Álvarez e Adán na presentación. O programa reúne a especialistas e artistas en formatos abertos á participación e a compartirse co público sen barreiras. A cita dará comezo en Santiago, o 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Santa Marta cunha mesa redonda arredor da frase "A banalidade do mal" da filósofa Hannah Arendt na que participarán algúns dos maiores especialistas na autora: Jorge Álvarez Yagüez, Fina Birulés e Nuria Sánchez. A sentenza "Non se nace muller, chégase a selo" de Simone de Bouvoir, outra das históricas do pensamento feminista, dá tamén pé a unha mesa redonda o día 1, no mesmo espazo na que se reflexionara sobre a creación das identidades de xénero. As sesións entre a capital e Ourense, onde terán lugar no Café Torgal e no Auditorio Municipal, simultanearanse o día 1 de outubro, e nos dous sitios haberá espectáculos de poesía escénica e danza, rematando na cidade das Burgas o día 2 de outubro coa representación de "Si esto es un hombre" de Carlos Álvarez-Ossorio. No marco do festival estraranse, tanto en Santiago coma en Ourense, os audiovisuais "Sophias", sete pezas audiovisuais breves que realizou a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade sobre as mulleres da historia da filosofía.