Quiosco: Nalgures nº 19

A revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta o seu volume anual

Xa está dispoñible para a súa descarga en aberto o tomo XIXº da revista Nalgures, publicada pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia. A nova publicación correspondente a esta anualidade de 2022, está conformada por nove artigos. Neles abórdanse varías figuras históricas como a da actriz María Casares, o arquitecto Pedro de Monteagudo ou o relojero e inventor Juan Antonio Fernández Lombardero. Ademais estúdanse fenómenos e eventos desde o complexo mundo alto medieval, franqueando as portas dos mosteiros de Moraime e Bribes, o século XVIII galego representado dende puntos xeográficos totalmente antagónicos, facéndonos viaxar no espazo e no tempo dende a cidade de Tui ata a montañosa fronteira astur-galaica e o protagonismo da muller na historia recente.

Este diverso volume inclúe os seguintes textos: 'Recaudación de rentas de vestiaría del Monasterio de Moraime. Un documento del año 1294', por José Enrique Benlloch del Río; 'Revisión da figura do arquitecto Pedro de Monteagudo e familia', por José Manuel Bértolo Ballesteros; 'El Bierzo (Puerta de Galicia) En la «Gallaecia» altomedieval (SS. VIII-IX)', por Manuel Carriedo Tejedo; 'El priorato de San Cibrao de Bribes al final del Antiguo Régimen. Arquitectura, manifestaciones artísticas y sociedad', por Javier García Gómez e Alberto García Aldao; 'La relación de las fiestas de Tui por la reconquista de Orán En 1732 (II): Los festejos en su contexto', asinado por Pedro López Gómez; 'La recepción artística de María Casares en España', artigo de José Luis Méndez Romeu; 'Juan Antonio Fernández Lombardero entre la realidad y el mito: el maestro relojero del siglo XVIII que quiso volar', un artigo de Alberto Paraje Méndez; o volume o pecha o artigo 'As primeiras profesoras do Instituto da Coruña', de Marieta Chavert Díaz e Ana Romero Masiá.