Localizan estruturas galaicas e medievais no illote de San Sadurniño, en Cambados

O concello busca "musealizar" o xacemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Torre de San Sadurniño. Foto: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT / Wikipedia

Torre de San Sadurniño. Foto: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT / Wikipedia

A semana pasada presentáronse en Cambados os resultados da prospección xeomagnética promovida pola Deputación de Pontevedra e realizada polo INCIPIT do CSIC no illote de San Sadurniño (Cambados). Os resultados revelan a densa ocupación do illote, no que canda unha gran estrutura rectangular identificada nas escavacións de 2001 como a posible capela que houbo na illa, apareceron na prospección magnética evidencia doutras estruturas que se corresponden coa ocupación galaica do castro. Os estudos tamén amosan a existencia dunha importante estrutura de combustión. A vontade do executivo local é tentar "musealizar" o illote.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, San Sadurniño, INCIPIT, CSIC...