O CCG analiza a problemática arqueolóxica de Guidoiro Areoso

Arqueólogos, veciños e políticos reflexionan sobre a preservación do legado cultural do illote

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Guidoiro Areoso é un illote situado no centro da ría de Arousa, moi preto da Illa de Arousa e pertencente ao seu termo municipal. Afectado pola dinámica do litoral e das mareas, o illote garda valiosos restos arqueolóxicos -dólmenes e tumbas da prehistoria- que están en grave risco de desaparición. A xornada vaise celebrar o venres 27 de novembro pola tarde no Consello da Cultura Galega e nela haberá mesas redondas sobre a arqueoloxía do illote e a súa vulnerabilidade, as achegas do concello da Illa e a comunidade local e unha análise do illote como un proceso patrimonial activo. Na ligazón anexa podes consultar o programa.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, Arqueoloxía, Consello da Cultura Galega, Ría de Arousa...