O illote de Areoso terá cupo de visitas

Unha orde regulará os accesos, atraques e fondeos en tempada alta e baixa

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

A elevada presenza de visitantes no illote de Areoso (A Illa de Arousa) levaba anos espertando críticas por diferentes axentes: desde os mariscadores da confraría, que se queixaban do dano que os fondeos de embarcacións de recreo provocaban na sementeira de bivalvos, os colectivos ambientalistas que alertaban da degradación do espazo, como de colectivos preocupados pola defensa de Patrimonio, que temían pola destrucción dos numerosos enterramentos prehistóricos do illote, así como pola desaparición de restos arqueolóxicos que aparecen co movemento das mareas de xeito puntual. Pontevedra Viva adiantou que a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, adiantou a medida a representantes do concello arousán e da confraría nunha xuntanza. A Xunta optará por unha orde mellor que por un plan de xestión como tal. a orde establecerá a capacidade máxima de carga do illote, distinguindo entre fondeos, atraques e acceso de persoas ás illas do arquipélago. Haberá límites de afluencia distintos no verán e no inverno.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de Arousa, Pontevedra