As mareas revelan dúas novas tumbas prehistóricas no illote Guidoiro Areoso

Hai alomenos cinco estruturas prehistóricas localizadas nesta illa arousá

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O dolmen aparecido en Guidoiro Areoso. Foto: S.F.

O dolmen aparecido en Guidoiro Areoso. Foto: S.F.

Os temporais e a dinámica de mareas revelaron nos últimos meses alomenos dúas novas estruturas prehistóricas no illote de Ghidoiro Areoso, ubicado no corazón da ría de Arousa e pertencente ao concello da Illa de Arousa. As dúas estruturas -unha cista sen tapa superior e un dolmen sepultado baixo a area- súmanse así ás tres xa coñecidas e investigadas a finais dos 80 e principios dos 90. Areoso contén, ademáis, un paleochan, é dicir, restos do solo da illa hai varios miles de anos, que aínda conteñen material orgánico e cerámica dos restos dun hábitat da época. En declaracións a La Voz de Galicia, Manuel Rey, responsable das escavacións en Guidoiro Areoso nos 90, manifestou a necesidade de "controlar o acceso ao illote no verán, do mesmo xeito que se regulan as visitas no resto das illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas". A existencia dos novos enterramentos fíxose pública no documental A illa dos mortos, de Manuel Gago.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Gago, Documental, La Voz de Galicia, Ría de Arousa...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos