Paula Cabaleiro, Jorge Mira e Teresa Nieto entran no Plenario do Consello da Cultura Galega

A institución renovou os seus membros electivos

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Pleno do Consello da Cultura Galega. Foto: CCG

Pleno do Consello da Cultura Galega. Foto: CCG

Paula Cabaleiro, Jorge Mira e Teresa Nieto, xunto con Xavier Queipo, que recunca no cargo, entraron a formar parte do Pleno do Consello da Cultura Galega. Os novos postos substitúen a Ángel Carracedo, Rebeca Blanco-Rotea e Carmen García Mateo, por cumpriren o tempo máximo permitido pola lei do CCG para figuraren no máximo organismo da institución (oito anos). Foi o primeiro pleno ao que asistiu José López Campos, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, que recibiu a insignia do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Jorge Mira, Plenario, Rebeca Blanco...