Alejo Amoedo, Cristina Domínguez e Celia Pereira incorpóranse ao pleno do CCG

A institución renova a composición do seu máximo órgano

29/4/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
43 lecturas | Compartido 0 veces

O Pleno do CCG. Foto: CCG

O músico e catedrático redondelán Alejo Amoedo, a dramaturga e directora teatral Cristina Domínguez e a avogada e presidenta da Fundación Vicente Risco Celia Pereira entran a formar parte do pleno do Consello da Cultura Galega, dentro do proceso de renovación institucional na quenda de personalidades destacadas. Este proceso inclúe, de acordo co regulamento da institución, a remuda dunha parte dos seus membros. Elena Vázquez Cendón, Xosé Manuel Seixas e Carme Adán renovan por outra lexislatura máis, mentres que cesan por esgotamento do tempo de permanencia no seu posto María Xosé Porteiro e Dolores Vilavedra, así como Xosé Ramón Pousa, que o fai por vontade propia. A institución tamén terá un novo secretario en substitución de Dolores Vilavedra: o membro da Fundación Penzol Silvestre Gómez Xurxo.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal