Dolores Vilavedra e María Xosé Porteiro incorpóranse ao Plenario do Consello da Cultura

A institución cumpre así a paridade entre os seus membros electos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O plenario do Consello da Cultura Galega aprobou na súa xuntanza do pasado 30 de abril nomear como membros electos desta institución a Dolores Vilavedra e María Xosé Porteiro. As incorporacións supoñen a paridade de género en cantos aos membros electos do plenario. Na mesma xuntanza renovaron no seu posto os profesores universitarios Xosé López, Ramón Máiz, Concepción Varela e o músico Maximino Zumalave. Deixa de ser membro electo do pleno Henrique Monteagudo. Nesta votación, tamén se cubriu a baixa deixada no seu momento por Alfonso Paz Andrade.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plenario, Dolores Vilavedra, María Xosé Porteiro, Ramón Máiz...