O Consello da Cultura renova o seu plenario e mais a Comisión Executiva

A entidade analizará a situación e o futuro do Panteón de Galegos Ilustres

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Rosario Álvarez é a nova vicepresidenta do Consello da Cultura Galega. Canda a ela, o Plenario da institución, acordou nomear a Xosé López como secretario, en substitución de Henrique Monteagudo, que continuará como membro do plenario. Canda a eles, Francisco Díaz-Fierros mantense no cargo de Vicepresidente primeiro. Ao tempo, incorpórase ao plenario o empresario e promotor cultural Alfonso Paz Andrade como membro electo. Na mesma xuntanza, o máximo órgano do Consello acordou a creación dunha comisión interinstitucional para analizar a situación e o futuro do Panteón de Galegos Ilustres, na que tamén participarán a Real Academia e as fundacións Rosalía, Alfredo Brañas e Castelao.

O programa de para celebrar o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, que incluirá exposicións, congresos e publicacións, foi outro dos puntos que se aprobaron na xuntanza da tarde de onte. Os membros do plenario puxeron en marcha tamén un plan de austeridade económica polo que se reduce nun 15% as asignacións por asistencia a reunións de traballo dos membros da institución.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plenario, Panteón de Galegos Ilustres, Rosario Álvarez, Francisco Díaz-Fierros...