Manuel Rivas substitúe a Camilo González como membro electo da Real Academia Galega

O Plenario tomou a decisión nunha xuntanza ordinaria celebrada esta fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Plenario da Real Academia Galega acordou esta fin de semana nomear ao escritor e xornalista Manuel Rivas como membro electo desta institución. Rivas substitúe ao académico Camilo González Suárez-Llanos, finado en novembro do ano pasado. O novo membro da RAG é ben coñecido tanto pola súa faceta de escritor como de xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense iniciou a súa carreira xornalística con 15 anos e foi colaborador en múltiples medios, desde a revista cultural Luzes de Galicia, ata medios como La Voz de Galicia. Como escritor ten traballado en todos os xéneros literarios con gran éxito de público e crítica.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Real Academia Galega, Plenario, Universidade Complutense...