A RAG fai académico de honra a José Viale Moutinho

O escritor portugués mantén un forte vencello con Galicia desde hai anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Desde os anos 60 amosou o seu interese pola lingua e a cultura galega, e o seu traballo foi recoñecido xa en 1995 cun premio Pedrón de Honra. Agora, o escritor madeirense José Viale Moutinho incorpórase á Real Academia Galega coma Membro de Honra, sumándose a John Rutherford e a Giuseppe Tavani entre os estudosos que teñen esta condición. A decisión tomouna o pasado 20 de decembro o plenario da RAG por unanimidade, e foi recollida o pasado día 5 por diferentes medios portugueses. Non hai aínda data para toma de posesión do homenaxeado. Precisamente Viale Moutinho publicará en breve a obra Negra sombra! negra sombra! no noso país, segundo adianta Xosé Luís Méndez Ferrín na súa columna do Faro de Vigo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, John Rutherford, Giuseppe Tavani, Méndez Ferrín...