O aRi[t]mar reivindica as pontes literarias tendidas polo escritor José Viale Moutinho no seu premio especial

Destacou "o seu labor como ponte entre Galicia e Portugal e impulsor do continuo lingüístico e cultural que representa a Lusofonía"

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
José Viale Moutinho / Foto: perfil de Facebook

José Viale Moutinho / Foto: perfil de Facebook

O certame aRi[t]mar fixo público o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona, desta volta concedido ao xornalista e escritor José Viale Moutinho, como "ponte entre Galiza e Portugal e impulsor do continuo lingüístico e cultural que representa a Lusofonía e como verdadeiro embaixador da Galiza en Portugal e de Portugal na Galiza". O intelectual, de orixe madeirense, vive no Porto e leva a cabo unha intensa actividade xornalística e literaria, así como de xestión de colectivos culturais. Sempre destacou polo esforzo en facer visible a cultura galega en Portugal, e divulgou a literatura galega contemporánea, coas figuras de Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, e sendo o primeiro tradutor de Méndez Ferrín ao portugués. Vinculado ao noso país tamén publicou o ensaio Introdução ao nacionalismo galego.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Lusofonía, As Pontes, Manuel María...