A XIV edición do Festival Internacional da LusofonÃa Cantos na Maré rematou onte en Pontevedra cunha formulación nova a deste ano, que convirte o evento nun punto de encontro coa música como nexo pero que tamén serve como de plataforma para outras iniciativas dentro do Foro na Maré. Tal é o caso da Rede da Galilusofonia, creada nesta ocasión no marco do evento. Esta Rede preséntase como un espazo común e cooperativo das iniciativas que, en Galiza e Portugal, comparten o obxectivo común de situar Galicia no espazo lingüÃstico-cultural da lusofonÃa. A rede conta de partida coa vontade de adhesión de coñecidos colectivos: A Mesa pola Normalización LingüÃstica, Academia Galega da LÃngua Portuguesa, AGAL-Associaçom Galega da LÃngua, AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza, Fundación Via Galego. Tamén varios eventos ou iniciativas de entidades veñen de sumarse á esta rede: aRi[t]mar galiza e portugal-Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cantos na Maré, Castro Galaico Festival de Nogueiró-Braga, Convergências Portugal Galiza-Braga, Festival da Poesia no Condado-SCD Condado, , Ponte a Portu-Gal (Concello de Ponteareas), Ponte nas Ondas, Traz outro amigo também (Concello de Cedeira).