Uxía obtén o Premio aRi(t)mar á Embaixada da amizade galego-lusófona

O certame recoñeceu Tanxugueiras e Os Azeitonas como autores das mellores cancións do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Uxía obtén o Premio aRi(t)mar á Embaixada da amizade galego-lusófona

O proxecto aRi(t)mar Galiza e Portugal, que entrega cada ano os seus recoñecementos ás mellores cancións e poemas das dúas bandas da raia, daba a coñecer onte un novo galardón. A cantora Uxía era homenaxeada onte co premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona. Segundo explica a organización deste certame, "o seu traballo delongado leva abertos novos e múltiples camiños na restauración das pontes dos afectos e do recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía, cun labor permanente de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural".

As votacións dos premios, que organizan a Escola Oficial de Idiomas de Santiago e mais a Consellería de Cultura, seleccionaron Que non mo neguen de Tanxugueiras como mellor canción galega do último ano e Efeito do Observador de Os Azeitonas como mellor tema portugués. Está aberto ata o vindeiro 10 de maio o prazo para votar os mellores poemas do ano. As propostas premiadas reuniranse nunha gala que se anunciará proximamente.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tanxugueiras, Lusofonía, Portugal, Portugués...