Narf recibe o galardón Embaixada da Amizade galego-lusófona a título póstumo

Os premios Ari(t)mar homenaxean o músico compostelán

A coincidir na data en que faría 49 e anos e na véspera do 25 de abril, Fran Pérez Narf era recoñecido onte co premio aRi[t]mar Embaixada da Amizade galego-lusófona a título póstumo. O xurado destes premios que convoca a Escola Oficial de Idiomas acordou concederlle ao músico este galardón que "pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar Galiza e Portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído á divulgación da música e da poesía galego-portuguesa actuais, para achegar a cultura e a lingua dos dous países ao abeiro da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía". Segundo destaca o xurado, o galardoado foi "un dos grandes defensores e impulsores do achegamento musical entre Galiza e a lusofonía" con proxectos como que compartiu coa banda mozambicana Timbila Muzimba ou con Manecas Costa.



A entrega da distinción á familia do músico celebrarase na gala do vindeiro mes de outuro, na que actuarán no Teatro Principal de Compostela os poetas e músicos galegos e portugueses recoñecidos co galardón. A organización lembra que ata o vindeiro 20 de maio están abertas as votacións para escoller os mellores poemas galegos e portugueses, mentres no apartado musical resultaron premiados Sés pola banda galega e A Quinta do Bill como mellor grupo portugués.