Elena Vázquez Cendón é a nova secretaria do CCG

O Consello da Cultura Galega celebrou o primeiro plenario do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Elena Vázquez Cendón é a nova secretaria do CCG

O Consello da Cultura Galega celebrou onte pola tarde o primeiro plenario da institución, presidido polo presidente de honra, o presidente da Xunta Alfonso Rueda Valenzuela. O plenario da institución aprobou a incorporación da matemática Elena Vázquez Cendón á Comisión Executiva da institución en calidade de secretaria, en substitución do músico Alejo Amoedo, que continúa na comisión como vogal. No Plenario, a Presidenta do CCG informou tamén dos proxectos do vindeiro ano, destacando un gran foro participativo con datos sobre a situación da lingua, a celebración do ano Castelao e o Día das Letras Galegas. Asimesmo, informou da actividade da institución durante o 2024. O CCG celebrou un "centenar de actividades, 18 publicacións e 55 documentos de asesoría entre estudos e informes de impacto ambiental e Bens de Interese Cultural (BIC)".

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plenario, Consello da Cultura Galega, Castelao, Alejo Amoedo...