O catedrático Ramón Máiz incorpórase ao plenario do Consello da Cultura Galega

Máiz CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consello da Cultura Galega celebrou onte unha xuntanza ordinaria do Pleno, un dos órganos de goberno na institución. Nesta tivo lugar a incorporación do profesor, catedrático e presidente de Iniciativas 21, Ramón Máiz (Tenerife, 1953) que ocupa a vacante deixada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois. Ademais, na orde do día figuraba a renovación de parte dos seus membros, tal e como fixa a Lei de Creación do Consello. Agás no caso de Fernández-Albalat o resto dos membros electos sometidos a renovación foron ratificados nos seus postos.

Máis información no web do Consello da Cultura Galega

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Ramón Máiz, Plenario

Claves

Protagonistas
Conceptos