O Pleno do Consello da Cultura Galega aprobou onte pola tarde a nova Comisión Executiva da institución, e que será o equipo co que a nova presidenta, Rosario Álvarez, traballará na gobernanza diaria da institución. Trátase do catedrático de Historia Contemporánea da USC Xosé Manuel Núñez Seixas, que será vicepresidente do CCG, a profesora de literatura galega da USC Dolores Vilavedra e a xornalista María Xosé Porteiro.
Perfís dos novos membros da Comisión Executiva
Xosé Manoel Núñez Seixas. Vicepresidente. (Ourense, 1966) Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Europeo de Florencia e profesor convidado en diversas universidades europeas. É especialista na historia da emigración galega, nas identidades políticas e os nacionalismos europeos nos séculos XIX e XX, así como a historia cultural da guerra. Núñez Seixas é membro do Arquivo da Emigración Galega desde hai vinte anos.
Dolores Vilavedra. Secretaria. (Vigo, 1963). Profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos. Cunha longa traxectoria de traballo no Consello da Cultura Galega, é membro do Pleno desde hai catro anos e foi secretaria da anterior Comisión Executiva desde 2016.
María Xosé Porteiro. Vogal. (Madrid, 1952) Xornalista de ampla traxectoria, foi deputada no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados e a primeira delegada da Xunta no exterior, na Arxentina. É autora de varias publicacións con ensaios sobre comunicación e feminismo. É coordinadora da Comisión de Igualdade e membro do Pleno do CCG desde 2014.
Renovación da coordinación das seccións e Arquivos do CCG
O Pleno tamén renovou os coordinadores e coordinadoras de Seccións, que son as áreas temáticas de traballo da institución e, que na actualidade, integran a máis de cento cincuenta profesionais e creadores da cultura en Galicia, así como os Arquivos, que son centros de documentación especializada.
As novas coordinadoras e coordinadores son:
Elena Vázquez Cendón, da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade.
Manuel Quintana Martelo, da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas.
Carmen García Mateo, da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación.
Dolores Vilavedra Fernández, da Sección de Música e Artes Escénicas.
Rebeca Blanco Rotea, da Sección de Patrimonio e Bens Culturais.
Carme Adán Villamarín, da Sección de Pensamento e Sociedade.
María Xosé Porteiro, da Comisión Técnica de Igualdade
Xulio Ríos, da Comisión Técnica de Acción Exterior.
Xosé Manoel Núñez Seixas, do Arquivo da Emigración Galega
Xosé Ramón Pousa Estévez, do Arquivo Sonoro de Galicia
Rosario Álvarez, do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia