Cada unha das tres asociacións co-organizadoras do Premios Follas Novas do Libro Galego decidiron e fixeron xa público o destinatario do seu premio de honra anual, que se entrega na Gala do libro cada ano xunto cos outros galardóns. A Asociación Galega de Editoras quere recoñecer este ano a tÃtulo póstumo a quen foi un dos máis importantes editores de fala hispana no mundo: Francisco Porrúa. Nacido en Corcubión en 1922 e finado en Barcelona en 2014, Porrúa foi tradutor e editor en Arxentina e fundador dunha das principais editoras de ciencia ficción, Minotauro. Foi editor de Cortázar, Bradbury, Tolkien e Ballard, e tivo unha importancia decisiva na publicación de 'Cen anos de soidade', de Gabriel GarcÃa Márquez. Tamén foi editor de Editorial Sudamericana e Edhasa. Na gala, recollerá o recoñecemento a súa irmá MarÃa del Carmen Porrúa.
A Federación de LibrarÃas de Galicia, que co seu galardón adoita recoñecer sempre o traballo dalgúns dos seus establecementos asociados, premiará nesta edición á LibrarÃa Eixo, de Ourense, que acaba de cumprir 25 anos desde que Javier Ibáñez abrira as súas portas en 1999. Desde ese momento, segundo sinala a asociación, a librarÃa converteuse nun axente cultural para a cidade, ofrecendo un catálogo de 25.000 tÃtulos e realizando actividades destinadas a dar a coñecer o mundo literario e a crear unha comunidade lectora na cidade. Pola súa banda, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que concede o seu premio Escritor/a galego/a Universal, aprobou o nomeamento de Joseba SarrionandÃa (Bizkaia, 1958), poeta e tradutor vasco. É membro da Euskaltzaindia e foi un dos tradutores ao éuscaro dos clásicos da literatura galega.